Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan en Nova Zelandia un mariñeiro de Bueu que viaxaba nun palangreiro con base en Vigo

Buscan en Nova Zelandia un mariñeiro de Bueu que viaxaba nun palangreiro con base en Vigo

O desaparecido é Juan Carlos Broullón, veciño do lugar de Cabalo

A súa familia foi informada da súa desaparición e dos labores de busca que se están a realizar no Pacífico

WCPFC
G24.gal 28/12/2025 12:18 Última actualización 28/12/2025 21:07

En Nova Zelandia buscan o xefe de máquinas do Viking Bay e establecen un radio de busca de 300 millas. Desde o palangreiro vigués déronse de conta da falta do mariñeiro o sábado pola tarde. 

O desaparecido traballa como xefe de máquinas do buque Viking Bay, palangreiro de 43 metros de eslora, dedicado á captura do peixe espada e o tiburón, que partira en Noiteboa do porto da illa de Fiji, con rumbo sur.

El foi visto a bordo por última vez na mañá deste sábado 27. Unhas vinte persoas compoñen a tripulación.

En canto se botou en falta o tripulante galego, o patrón do pesqueiro virou o temón e desandou a ruta para tratar de localizalo, pero sen éxito. Activado o sinal de alerta, non tardaron en sumarse ao operativo de rescate efectivos do servizo de Salvamento Marítimo de Nova Zelandia.

Na busca participa tamén outro buque da mesma armadora. O mariñeiro de Bueu levaba anos enrolado no Viking Bay, con base no porto de Vigo, propiedade dunha empresa con sede en Bouzas e adherida á cooperativa de armadores viguesa.

A familia de Broullón está informada do sucedido e dos intentos por atopalo. Polo de agora non trascendeu máis información acerca das causas e circunstancias da súa desaparición.

WCPFC WCPFC
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade