Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha moza de 26 anos desaparecida en Santiago

Buscan unha moza de 26 anos desaparecida en Santiago

SOS Desaparecidos indica que se trata dunha desaparecida de “alta vulnerabilidade”

G24.gal 13/07/2023 10:53

Unha moza de 26 anos, Florencia Elizabeth Gómez, está desaparecida en Santiago de Compostela desde o pasado 4 de xullo.

Segundo informan fontes da Policía Nacional, a denuncia pola súa desaparición realizouse o pasado mércores a mediodía, e con iso activou un dispositivo de busca.

SOS Desaparecidos indica que a rapaza é de complexión delgada, pelo longo, negro e ondulado, ollos castaños e ten diferentes tatuaxes e engade que se trata dunha desaparecida de “alta vulnerabilidade”.

Solicitan a colaboración cidadá para localizala. A alerta que publicou este organismo nas súas redes sociais sitúa á moza en Santiago de Compostela, lugar onde se lle perdeu a pista. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade