Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan a orixe dunha vertedura de gasóleo no río Asma en Chantada

Buscan a orixe dunha vertedura de gasóleo no río Asma en Chantada

O gasóleo foi localizado nun aliviadoiro de augas pluviais en Chantada , pero alí conflúen varias canalizacións, e desde alí tentan localizar a orixe da contaminación

Axentes da consellería de Medio Ambiente e o Seprona volveron este venres a Lagoa de Antela para analizar a auga contaminada, pola posible vertedura de 5.000 litros de gasóleo

Imaxe do río Asma, en Chantada, cos restos de gasoleo na superficie da auga
G24.gal 20/12/2025 12:10

Unha vertedura pequena, pero continua, de gasóleo foi localizado nun aliviadoiro de augas pluviais en Chantada (Lugo), onde tentan localizar a orixe da contaminación, segundo informou o Concello.

A vertedura chegou ao río Asma e o Concello asegura que deu aviso ás institucións correspondentes e que o venres á primeira hora a Policía local e o Seprona comezaron a investigalo.

O consistorio tamén se puxo en contacto coas compañías de distribución de gasóleo que fornecen en Chantada para comprobar se se deu algunha incidencia.

O alcalde, Manuel Lorenzo, asegura que só unha empresa recibiu subministración de gasóleo de véspera e que todo se desenvolveu sen ningunha complicación.

O venres pola tarde localizouse o problema no aliviadoiro de augas pluviais que baixa por Xoán XXIII desde a zona da Praza de Santa Ana.

Nese punto conflúen moitas canalizacións, o que "complica" a investigación sobre a orixe desta vertedura "pequena, pero continuo" que, segundo o rexedor chantadino, "non afectará á flora nin á fauna do río". 

Imaxe da lagoa de Sarreaus, co cambio de color na auga tras o verquido Imaxe da lagoa de Sarreaus, co cambio de color na auga tras o verquido

Axetes da consellería de Medio ambiente e o Seprona volveron este venres a Lagoa de Antela para analizar a auga contaminada, pola posible vertedura de 5.000 litros de gasoleo

Medio Ambiente confirmou a presenza de hidrocarburos na lagoa de Antela xa en agosto de 2025, por unha draga abandonada nunha areeira de Sarreaus. Agora volveron este venres para analizar a contamizacion das augas da Limia

Axentes Facultativos Ambientais do Distrito XV da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, dependente da Xunta de Galicia, estiveron a principios do mes de agosto de 2025 inspeccionando a lagoa de Antela, en concreto nunha explotacions de áridos, actualmente xa pechada, que está no concello de Sarreaus. Daquela xa confirmaron a presenza de hidrocarburos.

O problema comezou  hai 20 anos cando a empresa de áridos Feldespatos Sarreaus cesou a súa actividade tras a morte dun traballador. A draga coa que extraían a area quedou abandonada e a auga foina cubrindo. Ata que comezou a verter residuos sobre a lagoa e volver a auga de cor vermella.

Na comarca coñécese como o "Prestige da Limia", o barco abandonado da areeira tiña 5.000 litros de gasoleo. Na superficie vense os restos de ferro unha grua e a embarcación que formaban parte da draga Feldespatos Sarreaus, que pechou no ano 2004 tras a morte dun traballador. A actual propietaria é a empresa Aliseda, inmobiliaria do Banco Santander, á que non se lle instou a sacalos restos nestes 20 anos.

Foi neste veran do 2025 cando a draga comezou a verter, converténdose nun foco de contaminación nun dos espazos naturais máis sensibles da provincia de Ourense.

Desde a Xunta apuntan a que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil tome as medidas oportunas que lle competan. E o alcalde de Sarreaus, insiste en que o concello, non ten recursos para afrontar este problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade