Burela Pescados Rubén, campioas da Copa da Raíña
O Burela Pescados Rubén acadou o título da Copa da Raíña logo de derrotar o Futsi Navalcarnero na quenda de penaltis. O partido rematou con 3-3 e na quenda de penaltis as da Mariña acertaron en todos os lanzamentos.
Comezou ben o partido co gol inicial de Peque, pero o Futsi remontou no treito final da primeira metade. A segunda parte comezou co gol de Emily, mellor xogadora da final, pero outra vez o Futsi anotaba o 3-2 que lles daba vantaxe.
A pouco do final chegou o gol milagreiro da galega Lara Balseiro para empatar o partido (3-3) e levar a final á prórroga. No tempo suplementario non houbo goles e tivo que decidirse o gañador nos penaltis.
O Futsi fallou o primeiro lanzamento e logo xa non perdoaría ningunha xogadora. Peque, Emily, Ale de Paz, Jenny Santos Cilene anotaron os lanzamentos que lle dan ao Burela un novo título.
Peque ergueu a quinta Copa para o Burela, cuarta consecutiva. Quedan a só dúas do Futsi Navalcarnero.
E iso dicía Peque ao final do partido: