Breogán e Obradoiro buscan a vitoria fóra da casa
Os santiagueses acoden a Bilbao nunha dinámica moi diferente á dos lucenses, que visitan o Joventut
Con pouco descanso desde o mércores, o Río Breogán cambiou Bursa por Bilbao e Basketball Champions League por ACB. A clasificación urxe. En posto de descenso, a reacción dos breoganistas non debe demorar. As dúbidas sobre o seu xogo nas últimas citas están aí, as baixas importantes tamén, as de Sergi García e Momo Diouf pero o partido desta tarde en Miribilla é dos que hai que extraer a mellor versión. Así o pensan tamén en Bilbao. O Bilbao Basket ten cinco vitorias, dúas máis co Breogán, e vén de rachar unha mala serie un bo triunfo na pista do Valencia e outra vitoria europea.
Tamén virou a dinámica o Obradoiro. A segunda parte en Tenerife foi unha demostración do que pode facer o equipo de Moncho Fernández. Tentarán que a frecha siga apuntando cara arriba en Badalona. Mañá ao mediodía agarda un Joventut que tamén vai a máis. Así o demostra con tres vitorias en 7 días, entre liga e Europa.
Álex Suárez é baixa para este partido no que o Obradoiro buscará igualar o rexistro de seis vitorias que xa posúe o Joventut.