Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e COB caen nas semifinais do Torneo As Burgas e cítanse para esta tarde

Breogán e COB caen nas semifinais do Torneo As Burgas e cítanse para esta tarde

O Breogán perdeu na última xogada contra o Gran Canaria (93-90)

O COB, anfitrión do torneo, non puido co Bilbao (72-91)

G24.gal 13/09/2025 14:41

O primeiro ensaio de pretemporada do Río Breogán cun rival ACB saldouse cunha estreita derrota diante do Gran Canaria. O rival amosou a súa fortaleza da man de Isiaah Wong e Mike Tobey durante 25 minutos pero os de Luis Casmirio foron quen de equilibrar o partido e chegar con opcións ata o final. Unha das sensacións destes primeiros amigables está a ser Francis Alonso. O ex do Unicaja e Estudiantes ralizou un partido sobresaínte, con 23 puntos e 8 rebotes. Estivo secundado polos 10 de Aranitovic e polos 16 de Keandre Cook, quea demais tivo a opción de levar o partido a unha prórroga. 

O Rio Breogán xogará polo terceiro e cuarto posto do As Burgas Cup diante do equipo local, o Club Ourense Baloncesto, que non puido cun rival de categoría ACB. O Bilbao Basket levou a vitoria por 19 puntos. Aínda así, a imaxe dos de Moncho López foi moi positiva. Ao remate do primeiro cuarto tiñan unha vantaxe de 4 puntos. O ex breoganista Hilliard, Amar Syulla, Jaworki e Petrasez foron os que capitaneraron o cambio de decoracion do partido. Sen McDonnell, con 15 puntos, foi o mellor dos galegos. Ademais do derbi galego, Gran Canaria e Bibao xogarán por levarse a primeira edición deste AS Burgas Cup.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade