Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán agardará tres partidos antes de decidir se ficha adestrador

Breogán agardará tres partidos antes de decidir se ficha adestrador

Non haberá novidades tampouco no xogo, os encontros foran adiados e xa estaban preparados

Musa afirma ser feliz e quere facer historia co Breogán

G24.gal 13/01/2022 14:11

O Breogán agardará os próximos tres partidos para saber se ficha un adestrador.

Javier Muñoz dirixirá os lugueses nos partidos co Joventut, Baskonia e Monbus Obradoiro. Máxima confianza no equipo técnico e nos xogadores.

Facerse cargo do Breogán foi para Javier Muñoz unha nova tan inesperada como ilusionante.

Nos tres próximos partidos decidirase se o seu cargo é temporal ou se prolongará. Non haberá novidades tampouco no xogo, os encontros foran adiados e xa estaban preparados.

Un reto que conta co compromiso dos xogadores, como Musa, un dos máis pretendidos da liga. É feliz e quere facer historia co Breogán.

Tres partidos para cumprir o obxectivo. O primeiro, este domingo ante o Joventut.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade