Cargando resultados...
Brais Abelenda: "Loitaremos cada partido coma se se nos fose a vida"
Brais Abelenda: "Loitaremos cada partido coma se se nos fose a vida"
O de Val do Dubra analizou a segunda vitoria granate consecutiva

G24.gal
18/03/2023 19:09
A seis puntos da salvación colocouse o Pontevedra tras derrotar claramente ao Linares Deportivo en Pasarón. Tras o partido Brais Abelenda atendeu Á Radio Galega.
"É a primeira vez en Liga que encadeamos dúas vitorias. Penso que hoxe estivemos efectivos, tivemos esa sorte e na segunda parte aguantamos. Foron máis liviáns os últimos minutos. Somos máis prácticos e efectivos nas areas. Loitaremos cada partido coma se nos fose a vida niso. Pídolle á afección que veña apoiar".