Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bos prezos na lonxa de Muros malia a escaseza de marisco no primeiro día de campaña

Bos prezos na lonxa de Muros malia a escaseza de marisco no primeiro día de campaña

Os arredor de cen barcos só lograron o cupo do ameixón que se vendeu a 10,75 euros

Os escasos 200 quilos apañados de babosa alcanzaron os 25,50 euros 

O ameixón foi o máis abundante na praia muradá de Abelleira
G24.gal 06/05/2024 20:48 Última actualización 06/05/2024 21:00

Tras a decepción da escaseza de ameixa babosa e berberecho, os mariscadores de Muros levaron a alegría do día na lonxa e compensaron as horas de traballo no primeiro día da campaña.

Luciu o sol na praia de Abelleira para acompañar os mariscadores de Muros que volveron ao traballo este luns tras seis meses parados nalgúns casos. Porén, despois das tres horas mariscando desde a embarcación, moitos chegaron a porto decepcionados. Encontraron pouca ameixa babosa e nada de berberecho. Só chegaron ao tope dos 5 quilos de ameixón. Disque hai pouco marisco e que pode acabarse en dúas semanas.

Afortunadamente, os prezos acadados na lonxa animáronos. Os 420 quilos de ameixón que apañaron pagáronse a 10 euros con 75 o quilo e os aproximadamente 200 quilos de ameixa estiveron entre os 25 euros e medio e os 24 euros. De cornicha pescaron uns 300 quilos que alcanzaron os 7,25 euros. Tamén quedaron contentos co prezo do carneiro que se vendeu a 13,60 euros o quilo e co bo prezo da escasa vermella ou rubia que alcanzou os 16 euros por quilo.

O martes e o resto do mes de maio, os arredor dun cento de barcos volverán traballar nas praias muradás de Abelleira e da Virxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos