Publicador de contidos
Publicador de contidos

As illas Baleares, en risco por nevaradas e temporal no mar pola borrasca Juliette

As illas Baleares, en risco por nevaradas e temporal no mar pola borrasca Juliette

Comeza a remitir lentamente, e só as Baleares manteñen o risco máximo por nevadas e temporal marítimo

Cataluña decreta a alerta por seca para seis millóns de habitantes

G24.gal 28/02/2023 20:25 Última actualización 28/02/2023 22:21

A borrasca Juliette deixou nas últimas horas novas nevadas en cotas baixas do norte peninsular, con numerosas estradas afectadas por neve, inundacións e desprendementos debido ás intensas precipitacións.

Juliette sentiuse con especial intensidade nas Baleares, onde segue activado o risco máximo polas acumulacións de neve, por vento e por temporal no mar, sobre todo en Menorca, onde o tráfico marítimo estivo suspendido durante horas.

As intensas chuvias foron tamén as causantes dun burato no paseo de Palma. En Euskadi, semella que a situación vai mellorando, a cota de neve, que chegou a nivel do mar, subiu aos 300 metros.

Juliette deixa temperaturas de ata dez graos por debaixo do normal para esta época do ano, con ata 20 graos baixo cero nos Pireneos e 16 graos negativos en puntos de Castela-A Mancha. As previsións indican que a situación vai ir mellorando e que as temperaturas mínimas irán subindo, aínda que seguirá o frío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade