Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias volve recibir a chamada da selección e apunta ao Mundial

Borja Iglesias volve recibir a chamada da selección e apunta ao Mundial

O dianteiro do Celta foi chamado para o dobre amigable contra Serbia e Exipto, dúas das últimas probas de Luís de la Fuente antes da cita mundialista

Fer López tamén recibiu a chamada da sub 21 despois do seu regreso ao Celta en xaneiro

G24.gal 20/03/2026 11:46

O dianteiro santiagués do Celta Borja Iglesias foi incluído na lista de convocados da selección española para os dous amigables que xogará o 27 e 31 de marzo diante de Serbia e Exipto. Con esta chamada medran as opcións do xogador galego para estar entre os elixidos para disputar o vindeiro Mundial. 

Despois de moitas incógnitas coa suspensión da Finalísima diante da Arxentina, a Federación conseguiu pechar estas dúas citas nunhas negociacións que foron feitas contra o reloxo. 

A lista definitiva é a seguinte:

  • Porteiros: Unai Simón, David Raya, Álex Remiro e Joan Garcia
  • Defensas: Pedro Porro, Pau Cubarsí, Grimaldo, Llorente, Laporte, Huijsen, Cucurella e Mosquera.
  • Centrocampistas: Rodri, Pedri, Fornals, Dani Olmo, Zubimendi, Carlos Soler e Fermín
  • Dianteiros: Barrenetxea, Baena, Víctor Muñoz, Lamine Yamal, Oyarzabal, Borja Iglesias, Yeremy Pino e Ferran Torres.

De La Fuente mete por primeira vez na lista o porteiro do Barcelona Joan García. Na dianteira tivo que xestionar ausencias como as de Nico Williams ou Samu Omorodion. O xogador do Athletic podería estar para a cita mundialista pero o do Porto, cunha rotura de ligamentos, non xa non lle podería quitar o sitio a Borja Iglesias que está diante dunha oportunidade histórica na súa vida deportiva.

Fer López, coa sub 21

Despois do seu regreso ao Celta no mercado invernal tamén hai boas novas para un Fer López que foi chamado para estar coa sub 21. A confianza de Claudio e a súa polivalencia no centro do campo danlle moitas opcións de ser titular nalgún partido dos de David Gordo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade