Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boris Johnson viaxa por sorpresa a Kíiv para reunirse con Zelenski

Boris Johnson viaxa por sorpresa a Kíiv para reunirse con Zelenski

Anuncia, unhas horas antes da súa chegada, un incremento de 120 millóns máis en envío de armas a Ucraína

Ofrece 120 blindados e mísiles antibuque

Boris Johnson e Zelenski conversan con cidadáns durante un paseo polo centro de Kíiv
G24.gal 09/04/2022 17:02

A Embaixada de Ucraína no Reino Unido foi a encargada de revelar a viaxe sorpresa que se mantivo, como medida de seguridade, en absoluto secreto. Unha fotografía do primeiro ministro británico, Boris Johnson, e o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, no que aparenta ser unha sala oficial do edificio presidencial en Kíiv, desvelou o encontro dos dous mandatarios na capital ucraína.

Johnson ata o momento mantivo unha comunicación case diaria con Zelenski e é un dos líderes europeos que máis impulsou o envío de armamento defensivo ao país invadido.

Johnson anunciou poucas horas antes desta viaxe sorpresa, un incremento de case 120 millóns de euros máis en envío de material bélico. Faino tras coñecer e condenar de xeito enérxico o ataque ruso cunha matanza de polo 50 civís, entre eles varios nenos, o venres na estación de tren de Kramatorsk.

Agora ofrece 120 blindados e sistemas de mísiles antibuque para as forzas armadas ucraínas.

Downing Street cualifica a visita como "unha mostra de solidariedade co pobo de Ucraína".

O primeiro ministro británico chega a Kíiv un día despois da visita de Ursula von der Leyen, a presidenta da Comisión Europea, e de Josep Borrell, o alto representantes da UE para Política Exterior, que tamén estiveron con Zelenski.

As autoridades ucraínas aseguraron en Facebook que "o Reino Unido é o líder en apoio defensivo a Ucraína. O líder da coalición antiguerra. E o líder das sancións contra o agresor ruso", aclaran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade