Cargando resultados...
4.136 persoas examínanse en Silleda para lograr unha das 236 prazas convocadas polo Sergas
As probas comezaron ás nove e media da mañá deste sábado, continúan pola tarde e tamén mañá domingo
G24.gal
10/05/2025 14:08
Última actualización 10/05/2025 15:10
4.136 persoas optan esta fin de semana en Silleda a unha das 236 prazas convocadas polo Sergas. As probas comezaron ás nove e media da mañá, continuarán pola tarde e tamén mañá domingo.
As prazas divídense en 121 prazas para técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 16 para técnico superior en dietética, 13 para técnico superior en documentación sanitaria e outras 8 para técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, supervisaba persoalmente este sábado pola mañá a realización de exames correspondentes a diversas categorías de persoal estatutario.
