Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junts comunica ao PSOE que non apoiará os presupostos se Sánchez non cumpre os acordos

Junts comunica ao PSOE que non apoiará os presupostos se Sánchez non cumpre os acordos

Puigdemont reunirá o luns á permanente de Junts en Bruxelas tras a reunión co PSOE

Os sete votos de Junts no Congreso serían imprescindibles para que o Goberno puidese sacar adiante os orzamentos para o ano que vén

Nas filas de Junts hai malestar polo feito de que aínda non sexan unha realidade cuestiones como a aplicación plena da amnistía, a delegación de competencias en inmigración ou a oficialidade do catalán nas institucións europeas

EFE / J. J. Guillén EFE / J. J. Guillén
G24.gal 19/09/2025 07:47

Junts comunicou este xoves ao PSOE que non apoiará os Orzamentos Xerais do Estado que presente o Goberno de Pedro Sánchez se os socialistas non cumpren os acordos que teñen pendentes. Así o confirmaron a EFE fontes próximas á negociación, despois de que o líder de Junts Carles Puigdemont se reunise co expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, en pleno debate sobre os próximos orzamentos estatais.

Puigdemont reunirá o vindeiro luns á permanente de Junts en Bruxelas tras a reunión que mantiveron o xoves co PSOE para abordar as relacións entre ambos. 

Así o explicaron a Europa Press fontes consultadas da formación, co que o encontro servirá para que Puigdemont expoña o estado da situación tras a advertencia dos de Junts de que "pasarán cousas" se os socialistas non aliñan discursos e estratexias en Cataluña, Madrid e Suíza.

De feito, esta mesma semana avisaron de que iso se empezará a ver no Debate de Política Xeral do Parlament previsto para o 7, 8 e 9 de outubro.

Esixencias para o cumprimento de compromisos

Segundo as fontes consultadas, Junts trasladou ao PSOE que non pensa apoiar o proxecto orzamentario que presente o Goberno se antes Sánchez non cumpre os compromisos que foi adquirindo nesta lexislatura coa formación que preside Puigdemont. A vicepresidenta primeira e ministra de Economía María Jesús Montero sinalara que o Goberno mantén un diálogo fluído con todas as formacións e que a discreción é imprescindible para que haxa confianza nas conversacións.

Os sete votos de Junts no Congreso serían imprescindibles para que o Goberno puidese sacar adiante os orzamentos para o ano que vén. Con todo, nas filas de Junts hai malestar polo feito de que aínda non sexan unha realidade cuestiones como a aplicación plena da amnistía -Puigdemont segue sen poder volver de Bélxica-, a delegación de competencias en inmigración ou a oficialidade do catalán nas institucións europeas.

Da reunión entre o expresidente Zapatero e Carles Puigdemont evitou falar Pedro Sánchez na súa conferencia de prensa deste xoves co chanceler alemán Merz. O presidente do Goberno respondeu aos xornalistas que carecía que información sobre o encontro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade