A CIG presenta seis medidas que, consideran, deberían estar nos orzamentos da Xunta de 2026
Defenderanas nunha campaña co lema "Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade"
A CIG pide rematar "coas políticas neoliberais" e considera que a Xunta non permite un desenvolvemento galego propio. Por iso, presentan seis medidas urxentes que, consideran, deberían estar incluídas nos Presupostos da Xunta do ano que vén:
1. Un plan galego de creación de traballo digno e industrualización facendo real unha transición enerxética xusta
2. Recuperar, ampliar e fortalecer os servizos públicos.
3. Un plan galego pola igualdade de xénero e social.
4. A creación dun sistema público galego de atención ás persoas dependentes.
5. Creación dun parque de vivenda pública accesible para os colectivos máis vulnerables e prohibir os desafiuzamentos.
6. Apertura dun proceso que supere o actual Estatuto de Autonomía para que se recoñezan os dereitos nacionais de Galicia, como un marco propio de relacións laborais.
O sindicato defenderá todas estas medidas cunha serie de mobilizacións, complementarias a outras que xa ten en marcha.