Cargando resultados...
Bonito, arte e artesanía en Burela
Esta fin de semana Burela celebra a súa feira máis popular
G24.gal
05/08/2022 20:58
Esta tarde inaugurábase a feira dos produtos artesanais, que cadra coa do bonito que empeza mañá. Esta é unha reivindicación do feito a man, do ecolóxico e tamén do bonito, con varios postos dedicados á súa comercialización.
Na inauguración resaltouse o vencello que hai entre a pesca selectiva e a artesanía.
Nesta confraría póxanse anualmente 1.600 toneladas de bonito.
Na feira repartiranse 3.500 quilos de bonito preparados de cinco xeitos diferentes.
Dende o ano 83 a feira do bonito está organizada pola Sociedade Cultural Ledicia.
Paralelamente o peirao de Burela acolle esta fin de semana o certame de pintura Amarte, un museo vivo de arte contemporánea ao aire libre.