Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boa acollida en Vigo para o mercado itinerante de roupa de segunda man

Boa acollida en Vigo para o mercado itinerante de roupa de segunda man

Hai máis de 10.000 pezas de distintas categorías

O prezo xeral é de 35 euros o quilo

G24.gal 08/11/2022 19:52 Última actualización 08/11/2022 20:48

Houbo moitos compradores na primeira xornada do mercado de roupa de segunda man organizado en Vigo pola empresa francesa Rethink vintage e tamén moitas opcións para escoller. 

"Hai de todos os estilos. A roupa é dos anos 80 ata 2005 máis ou menos. Trouxemos tres toneladas de roupa e chega outra o xoves de toda Europa e Estados Unidos", asegura Olivier Dequiat, responsable da tenda itinerante.

Percorren Francia e España organizando vendas coma esta. Din que detrás do éxito destas iniciativas está unha nova conciencia ecolóxica que aposta por reutilizar a roupa. O mercado permanecerá en Vigo aberto ata o domingo, con entrada libre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade