Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baxi Ferrol 66-60 Geas, as galegas pasan aos oitavos de final da Eurocup

Baxi Ferrol 66-60 Geas, as galegas pasan aos oitavos de final da Eurocup

Oitava vitoria consecutivas das de Lino López en Europa

Foto Eurocup Foto Eurocup
G24.gal 18/12/2025 21:35 Última actualización 18/12/2025 21:50

O conxunto do enxeñeiro Lino López chegaba a este partido de volta en casa cunha vantaxe de 19 puntos, cimentada nunha espectacular último cuarto no duelo en terras italianas.

O GEAS demostrou na ida que é un equipo que compite ben e non se rendeu a pesar da diferenza en contra. De feito gañou o primeiro cuarto por 14-13.

O Baxi controlou o encontro en todo momento grazas a outra grande actuación de Moira Joiner. Ao descanso vencían as galegas por 34-32.

​Seguiu a igualdade no terceiro cuarto que finalizou coa mesma vantaxe do Baxi por dous puntos. No derradeiro cuarto as de Lino López forzaron un pouco máis o ritmo para lograr unha cómoda vitoria por 66-60. Oito vitorias consecutivas do Baxi Ferrol en Europa. Agora agardan rival para a seguinte fase

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade