Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basquet Coruña faise co derbi ante o COB e mantén a súa imbatibilidade (94-77)

Basquet Coruña faise co derbi ante o COB e mantén a súa imbatibilidade (94-77)

Once partidos e once vitorias para o equipo herculino

Os ourensáns por diante ata o descanso e desfaleceu a partir do terceiro cuarto

@basquetcoruna @basquetcoruna
G24.gal 17/12/2025 22:08

O primeiro derbi galego da temporada foi para o dominador da competición ata o momento. Basquet Coruña sumou a súa vitoria número 11 tras derrotar a COB Ourense nun partido no que foron a remolque ata o descanso. No terceiro cuarto chegaría o tirón do equipo laranxa que xa non se deixaría ir no marcador.

O inicio ourensán foi moi bo. Guiados polo letón Carlos Juergens os de Moncho López abriron fenda e colleron rapidamente vantaxe no marcador rematando este período seis arriba (19-25). O relevo anotador no segundo cuarto no equipo ourensán  foi collido por Okanu pero os das Burgas vían coma o equipo laranxa, onte de azul, remontaba nos últimos tres minutos grazas a anotación de Jorgensen e Radoncic. E no terceiro cuarto chegaría o estirón dos líderes da categoría. Os de Carles Marco puideron correr e pouco a pouco foron ampliando a diferenza. Joe Cremo e Caio Pacheco lideraban a ofensiva, e os ourensáns non podían aguantar o ritmo de partido imposto polos coruñeses. No último cuarto a diferenza foise ata máis aló dos vinte puntos e o partido quedou visto para sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade