Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basilio Otero: "Non estamos conformes, senón esperanzados coas palabras do ministro"

Basilio Otero: "Non estamos conformes, senón esperanzados coas palabras do ministro"

G24.gal 24/03/2022 12:14

Despois de tres días de paro, os barcos de pesca volven ao mar. Os armadores e as confrarías din confiar nas promesas que onte lles fixo o ministro Luís Planas: axudas directas ao combustible, créditos ICO e adiantos dos fondos europeos que avanzou Bruxelas.

Agora a dúbida que teñen é se poderán sacar o peixe por mor do paro dos camións. Explicouno no Galicia por diante o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero.

"Había moita xente que estaba desexando ter algún tipo de acordo. Estamos non conformes, senón esperanzados coas palabras do ministro. Iso si, todo está supeditado ao consello de ministros do martes da semana que vén. Despois dese consello teremos outra reunión con el para explicarnos as medidas, outra reunión co sector e escoitar o que temos de verdade en contías, que ata o de agora non sabemos contías".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade