Publicador de contidos

Publicador de contidos

A frota decide volver pescar e desconvocar o paro xeral polo prezo dos carburantes

A frota decide volver pescar e desconvocar o paro xeral polo prezo dos carburantes

O Goberno estuda anticipar os pagos da UE ou a exención de taxas portuarias

Adiantaranse os fondos europeos e o Goberno non desbota axudas directas ao gasóleo
 

G24.gal 23/03/2022 23:07

A Federación Nacional de Confrarías Pesqueiras decidiu interromper o paro xeral que mantivo os barcos amarrados en moitos portos españois, tras o anuncio do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación Luís Planas das medidas do Goberno para paliar a alza do gasóleo mariño.

O presidente da FNCP, Basilio Otero, confirmou a EFE que as confrarías acordaron que a frota "volva pescar" tras analizaren os resultados do encontro celebrado este mércores entre o ministro e as organizacións do sector pesqueiro e acuícola para tratar solucións ao encarecemento do combustible.

Desta forma, cesa de momento a convocatoria de paro da FNCP, que apoiaron os armadores e que motivou amarres masivos durante tres días nunha gran parte de portos do litoral español, con inactividade maior dos buques en Andalucía, a costa mediterránea e Asturias e seguimento notable en todas as zonas pesqueiras.

Con todo, había frotas que pararan anteriormente polo mal tempo ou polos problemas do paro do transporte.

O Goberno aprobará o vindeiro martes medidas específicas para limitar o impacto do encarecemento do gasóleo nos custos de explotación dos pescadores, segundo informou Planas este mércores.

Entre as actuacións que estuda o Executivo figuran un anticipo dos pagamentos con fondos da Unión Europea (UE) ou a exención de taxas portuarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade