Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ata cinco empresas poderían estar interesadas na compra de Barreras

Ata cinco empresas poderían estar interesadas na compra de Barreras

Este sábado rematou o prazo para a presentación de ofertas

O cadro de persoal agarda que se manteñan os postos de traballo

G24.gal 05/12/2021 11:51

Este sábado rematou o prazo para que os posibles compradores presentaran as súas ofertas sobre o estaleiro vigués de Barreras. O proceso é confidencial pero todo apunta a que sobre a mesa podería haber ata 5 empresas interesadas.

O cadro de persoal agarda que saia adiante unha proposta que manteña a continuidade de Barreras e a totalidade dos postos de traballo.

Segundo os últimos datos feitos públicos, as débedas do estaleiro coa industria auxiliar e os enfrontamentos xudiciais con algúns clientes farían que o prezo final de Barreras sexa baixo ou mesmo simbólico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade