Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barcelona e Atlético preitean o primeiro asalto da semifinal da Copa

Barcelona e Atlético preitean o primeiro asalto da semifinal da Copa

Partido de ida dun gran duelo en Montjuic entre dous equipos que tamén están a loitar polo título da Liga

G24.gal 24/02/2025 20:13

Partido grande en Montjuic. Barça e Atlético cítanse na semifinal da Copa. Primeiro contra terceiro, dous equipos moi en forma con dous estilos de xogo ben distintos. O Atlético só perdeu un partido no que vai de 2025, o Barça só coñece a vitoria nas últimas 5 xornadas.

Barça e Aleti xa se enfrontaron en Montjuic na Liga. Daquela, a vitoria foi para os do Cholo cun gol no último instante de Sorloth, logo dun intenso exercicio de resistencia. Flick tivo que pasar o túnel dos lapotes para festexar os seus 60 anos. O alemán é, segundo Simeone, o factor clave deste Barça.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade