Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baraxas recupera a normalidade despois dunha mañá de caos na T4 por unha folga

Baraxas recupera a normalidade despois dunha mañá de caos na T4 por unha folga

A empresa encargada dos controis de seguridade di que a folga é ilegal e abusiva

Trablisa di que a folga foi convocada por 21 traballadores, dun cadro de persoal de 850 persoas
G24.gal 14/09/2025 20:41 Última actualización 14/09/2025 21:07

A mañá deste domingo foi dura para os viaxeiros que pretendían tomar un voo na terminal 4 do aeroporto de Baraxas. A folga convocada por un grupo de traballadores da empresa TRABLISA, encargada dos controis de seguridade, transformou nun inferno o acceso dos pasaxeiros aos avións.

Un trámite que normalmente se soluciona en cinco ou dez minutos pasou a ser de ata hora e media de espera. A demora fixo que moitos viaxeiros perdesen o seu voo.

A folga dos vixilantes de seguridade de Baraxas comenzaba este domingo, e ten carácter indefinido. Os traballadores queren suba salarial e plus de perigosidade.

A empresa TRABLISA, adxudicataria do servizo, di que a folga foi convocada por 21 traballadores dun cadro de persoal de 850 persoas, polo que a cualificou de ilegal e abusiva. A situación normalizouse en Baraxas ao longo da tarde deste domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade