Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baralla conserva unha das tabernas en activo máis antigas de España

Baralla conserva unha das tabernas en activo máis antigas de España

Inocencio Álvarez, de 92 anos, atende a cantina que tamén é estanco e ultramarinos

O taberneiro naceu no local que herdou dos seus antepasados
G24.gal 29/10/2022 22:25 Última actualización 29/10/2022 23:01

Unha das cantinas en activo máis antigas de España está en Baralla, na parroquia de Penarrubia. Chámase O Taberneiro e aparece recollida como estanco no catastro do Marqués da Ensenada de 1753. 

Detrás do mostrador está Inocencio Álvarez, un home de 90 anos que só abandonou o seu local durante tres meses para cumprir co servizo militar. Aquí naceu e esta foi a herdanza que recibiu do seu pai e do seu avó, e así por moitas xeracións, xa que nunca cambiou de donos.

Esta mestura de estanco, ultramarinos e bar ten un aquel senlleiro que atrae moita clientela, sobre todo, polas tardes. Inocencio axúdase da familia para atender o negocio. Os fillos e as netas sempre andan ao seu carón.

No lugar, lembran a cantina dende a nenez. Mesmo as familias que emigraron, cando volven a Penarrubia, sempre se xuntan no Taberneiro. Agora saben, grazas a uns investigadores veciños, que é unha das tascas máis antigas de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar