Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balance positivo na recta final da campaña de recollida do kiwi

Balance positivo na recta final da campaña de recollida do kiwi

A principal empresa do sector prevé chegar ás 8.000 toneladas ao final da campaña

O cultivo do kiwi esténdese cara o interior, pola falta de horas de frío nas principais zonas de produción

G24.gal 25/11/2025 14:24

Os kiwiños, como se lle chama ao kiwi galego, xa están a cuberto, secando e collendo o frío que precisan para gañar doce.

"Cando comes un kiwi galego, vas notar que o punto de azucre é óptimo. Recollémolos no punto adecuado de azucre, cuns bos niveis de materia seca e dureza que garanten unha boa vida poscolleita", explica Martín Fernández, técnico de Kiwi Atlántico.

Última semana da colleita no Baixo Miño, onde se concentra a maior produción de kiwi de Galicia, onde este froito que veu da China atopou mellor acubillo. 

"A climatoloxía é moi boa. Hai unha especie de microclima no Baixo Miño e, de feito, moitos viveiristas se concentraron alí para facer planta", sinala Paulo Estévez, produtor.

No Salnés, hai producións son máis pequenas. Galicia é o principal produtor de España, con máis da metade da colleita. Este ano non hai queixa. 

"Este ano a colleita foi bastante ben. Foi razoable. Temos uns rendementos de vinte toneladas por hectárea, aínda que a planta pode chegar a 30 toneladas por hectárea", valora Estévez.  

"Viñamos condicionados polas malas condicións da primavera e do inverno. Chuvias, temperaturas frescas na primavera e un inverno con pouco frío que nos condicionou tamén a cantidade de flor que naceu", engade o técnico de Kiwi Atlántico.

O kiwi quere frío. Por iso as zonas de cultivo se están desprazando cara ao interior.

"Nos últimos anos estamos a observar que esa diminución das horas de frío e dos días de xeada, fan que comarcas interiores das provincias da Coruña e de Pontevedra e mesmo Lugo, que serían impensables hai uns anos, poden ser aceptables para o cultivo do kiwi", aventura Martín Fernández.   

Este ano, Kiwi Atlántico prevé chegar ás 8.000 toneladas de froita, que estará nos mercados dende decembro ata maio. Non se prevé unha suba nos prezos, que varían segundo o tamaño e o bonito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos