Cargando resultados...
Baixan as temperaturas despois de dous días con moita calor para estarmos en febreiro
Leiro chegou ata os 27 graos, a súa segunda temperatura máxima desde que hai rexistros
G24.gal
15/02/2024 14:06
Foi pasaxeiro, porque xa volveu a choiva, pero nas últimas horas houbo en Galicia temperaturas inusuais para estarmos en febreiro. En moitos lugares as máximas roldaron os 25.
Tamén esta mañá sorprenderon a moitos os termómetros. Saír cedo da casa, foi case como facelo no verán.
Preto de 27 graos houbo onte en Leiro, a segunda temperatura máis alta dun mes de febreiro dende que hai rexistros. Pero non só alí fixo calor, en toda Galicia as temperaturas foron inusuais para o inverno. Case 25 graos en Vigo. En Ourense, 24.
Comezou o día cunha anomalía, pero coa chegada da borrasca descenden as máximas ata dez graos en puntos como o propio Leiro.