Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixada das vendas nos postos dos comerciantes instalados no recinto feiral de Lugo

Baixada das vendas nos postos dos comerciantes instalados no recinto feiral de Lugo

Os vendedores achácano á calor, que leva a un maior gasto na hostalería ou nas atraccións

Félix Aragunde 09/10/2023 14:15

Cadaquén fala da feira segundo lle vai nela, e semella que este ano é aos comerciantes do recinto feiral de Lugo a quen non lles acaban de saír as contas.

Malia a afluencia masiva de visitantes, quéixanse de que as vendas están a ser moito máis baixas ca outros anos, polo que apenas lles dá para pagar os permisos, que nalgúns casos mesmo superan os mil euros.

Jhon Cando, comerciante: "Non están gastando moito, e o posto foi moi caro. Nestes días non sei se poderemos recuperar os 1.200 euros que nos custou".

Ismael Demba, comerciante: "O ano pasado foi mellor, e este ano está a ser moi frouxo. Xente hai, pero non compra".

Vanessa Aular, comerciante: "No meu posto véndese o normal, pero no resto están vendendo un pouco menos. Cónstame que non están vendendo moito".

Para moitos dos vendedores, este descenso dos seus ingresos ten a súa explicación no tempo que vai. Sinalan que a intensa vaga de calor fai que se incremente o gasto na hostalería ou nas atraccións instaladas no propio recinto feiral do San Froilán, en detrimento dos seus postos.

Jhon Cando, comerciante: "A xente vai ás atraccións, e na comida non che doe gastar. Aquí pides cinco euros por unha pulseira e xa se botan para atrás".

Ramón Laia, artesán: "Este ano vai tanta calor, todos os días, que no meu caso, que vendo calzado de inverno, as vendas un pouco máis baixas que o ano pasado".

Jonathan Tejeda, churreiro: "Vai moita calor, e á xente non lle apetece comer churros ata que pasa o bochorno. A última hora da tarde é cando se empeza xa a vender".

Con todo, queda unha semana de feira por diante, en que os vendedores instalados no recinto aínda poden facer caixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade