Baixa o prezo dos carburantes, pero aumenta a diferenza de prezo entre o diésel e a gasolina
O diésel non só acadou o prezo da gasolina, senón que o superou
Hoxe a fenda entre os dous carburantes é de máis de 20 céntimos. O gasóleo segue estando un 28 % mais caro que hai un ano.
O prezo en España é inferior ao da media da Unión Europea

Os carburantes dan hoxe un pequeno respiro aos condutores.
Un lixeiro abaratamento que se nota máis na gasolina, que está hoxe a un euro setenta. O litro do diésel pagámolo a un noventa e sete. Un 28 % máis caro que hai un ano, segundo datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea.
A diferenza de prezo entre gasóleo e gasolina comeza a notarse e xa supera os 20 céntimos ao litro.
Aínda que cos combustibles máis baratos que no verán, cando acadaron prezos máximos históricos, poucos son os que enchen os depósitos. A maioría bota de 20 en 20 euros, agardando que os prezos baixen máis.
Aínda así, o prezo en España da gasolina e do gasóleo está a hoxe por debaixo da media dos países da Unión Europea.