Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axudas de ata 16.000 euros para fomentar o alugueiro de vivendas baleiras

Axudas de ata 16.000 euros para fomentar o alugueiro de vivendas baleiras

As subvencións son aínda maiores se se destinan a menores de 36 anos

G24.gal 18/07/2025 15:49

Xa se poden solicitar as axudas coas que se quere fomentar o alugueiro de vivendas baleiras. 
A contía poderá chegar ata os 16.000 euros por vivenda, repartidos así:
Ata 3.000 euros para contratar seguro de impagos ou de fogar.
Ata 11.000 para obras de rehabilitación.
E unha axuda adicional de 2.000 euros se a vivenda se destina a menores de 36 anos, persoas con fillos ou con dependentes ao seu cargo. 
A renda mensual non poderá superar os 700 euros nas principais cidades e os 450 nos municipios máis pequenos. Os contratos deberán ter unha duración mínima de cinco anos, tal como establece a lei estatal.

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno que lle transfira a Galicia os fondos de vivenda. Algonso Rueda critica que o ministerio deixara sen executar o ano pasado dous terzos do seu orzamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade