Publicador de contidos

Publicador de contidos

Applus abrirá un novo centro da ITV en Sada para adaptar as inspeccións aos cambios no sector

Applus abrirá un novo centro da ITV en Sada para adaptar as inspeccións aos cambios no sector

No centro faranse probas para mellorar a seguridade viaria e reducir os niveis de contaminación dos vehículos

O novo centro terá 20 traballadores fixos ademais doutros profesionais

Declaracións da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana
G24.gal 18/07/2025 16:51

SyC Applus, concesionaria do servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) en Galicia, vai poñer en marcha no concello de Sada un centro único en innovación.

A idea é adaptar a inspección dos vehículos aos cambios tecnolóxicos no sector, como os coches eléctricos ou a condución autónoma. Van investir case 7 millóns de euros.

O futuro Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico da ITV en Galicia terá máis de 1.200 metros cadrados para crear novos protocolos de inspección de vehículos, que garantan a seguridade coas novas tecnoloxías. Por exemplo reforzando a vixilancia das baterías dos coches eléctricos.  

No centro tamén se farán probas para mellorar a seguridade viaria e reducir os niveis de contaminación dos vehículos. A empresa di que segue apostando por Galicia por ser referente en automoción.

O novo centro terá 20 traballadores fixos ademais doutros profesionais que virán para proxectos específicos.

A empresa xa ten a licenza do Concello de Sada. Agora empezarán coas contratacións e a previsión é que o novo centro estea en marcha no último trimestre do ano que vén.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade