Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axel Smyth e Claudia Merchán, do Simpar de Santiago, premio ao mellor cociñeiro no Madrid Fusión

Axel Smyth e Claudia Merchán, do Simpar de Santiago, premio ao mellor cociñeiro no Madrid Fusión

Non pasou nin un ano e medio desde que abriron e xa teñen no seu estante os principais recoñecementos gastronómicos, entre eles a estrela Michelin e o Sol de Repsol

Hai só tres días que recibiran o premio á mellor croqueta de xamón do mundo

G24.gal 30/01/2025 14:55

Con só 33 e 32 anos, e un ano e medio no Simpar, Alex e Claudia acumulan xa seis premios que dispararon a visibilidade deste restaurante. A estrela Michelin, o sol de Repsol, o porquiño da mellor croqueta de xamón do mundo, a vaca polos mellores callos, as mellores tapas...

"Que nun evento como Madrid Fusión, que é o máis importante do mundo, recoñezan ese traballo pois fai especial ilusión, estar entre xente tan grande", delcarou Axel Smyth Taracido, o chef do Restaurante Simpar. 

"Hai moito traballo detrás. Os premios non veñen da noite a mañá, e a verdade é que temos un bo equilibrio", engadiu Claudia Merchán.

Algúns críticos gastronómicos destacan estes días que poucas veces se ven carreiras tan vertixinosas. Axel di que o seu é un traballo en que hai que ser metódico e rigoroso. Claudia tamén estaba proposta como pasteleira revelación. Ambos admiten que se están a facer máis mediáticos, pero apostan por manter os pés na terra. Polo produto fresco e elaboración elegante que os distingue no 47 na rúa do Vilar. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade