Aviso amarelo por calor en gran parte de Ourense, onde poden superar os 36 graos
Aviso amarelo na bacía do Miño, no sur de Ourense e na comarca de Valdeorras
O peor agárdase este martes, con temperaturas que rozarán os 40 graos
Galicia agarda unha tarde de moita calor en boa parte da comunidade, cun aviso amarelo na bacía do Miño, no sur de Ourense e na comarca de Valdeorras, con temperaturas por riba dos 36 graos.
Os ourensáns xa están preparados para facerlles fronte a estes termómetros, a maioría quedará na casa durante as horas centrais do día e gardar o paseo contra o serán cando as temperaturas sexan máis levadías.
Case todas as cidades galegas superarán os 30 graos: 33 en Pontevedra, 31 en Vigo, Lugo e Ferrol. En Santiago andarán polos 29, e polos 27 na Coruña. Pero onde vemos máis rúas baleiras segue sendo en Ourense.
Pero o peor chegará este martes co aviso laranxa e unhas temperaturas que rozarán os 40 graos en Ourense. Os consellos primordiais pasan por beber moita auga para manterse hidratado e evitar a exposición solar nas horas centrais do día.