Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan os roubos nas furgonetas de repartimento na zona de Ferrol

Aumentan os roubos nas furgonetas de repartimento na zona de Ferrol

Os ladróns aproveitan as paradas dos profesionais para subtraer os paquetes ou calquera obxecto de valor

G24.gal 20/10/2026 14:01

A rutina dos repartidores, marcada polas présas, é a que aproveitan os ladróns para actuar en cuestión de segundos.

"A peor foi cando tiña a furgoneta aparcada na rúa Magdalena, deixeina acendida porque ía rápido, fun entregar un paquete e cando volvín xa non estaba a furgoneta". "Escóitase moito o aumento de roubos, sobre todo, de paquetería". "A un compañeiro meu roubáronlle o venres a carteira do camión, en Narón". "A un amigo meu, antonte, roubáronlle tres paquetes da furgoneta".

Algúns recoñecen que deixan as furgonetas abertas durante as entregas para aforrar tempo.

"Eu déixoa acendida porque vou rápido e aí é cando aproveitan eles". "Nós, como repartidores, baixamos entregar un paquete nun minuto. 

E iso que son eles os que teñen que facer fronte aos paquetes que non chegan ao seu destino.

"Temos que pagalos nós. Dos 3.000 euros que cobramos, se che descontan 2.500...".

Unha situación, din, que engade máis presión a unha profesión xa marcada polas présas, os horarios axustados e a necesidade de chegar a tempo a cada entrega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade