Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan os roubos en camións e os transportistas reclaman áreas de descanso vixiadas

Aumentan os roubos en camións e os transportistas reclaman áreas de descanso vixiadas

As asociacións do transporten denuncian un roubo por semana, pero pode que sexan diarios xa que, ao ser en ruta, moitos camioneiros non denuncian

Aos ladróns válelles de todo, gasóleo, mercadoría ou incluso repostos coma os faros do vehículo

G24.gal 24/07/2025 13:39

Na parada do café a plena luz do día, cando están estacionados na rúa, ou cando paran a descansar, calquera momento é bo para os ladróns para entrar roubar nos camións. Actúan en polígonos e áreas de servizo.

 "Nos camións con remolque ríxido é máis difícil que entren, pero os de lona, teñen que mirar ben onde paran; di un camioneiro, outro engade: "Cortan a lona e desvalixan o camión"

Válelles de todo: gasóleo, mercadoría ou mesmo repostos coma os faros de vehículo.

 "Levan gasóleo, repostos, mercadoría";  di un camioneiro, outro comenta que "intentaron roubarme dous palés"

Para aseguraren o éxito, explica outro camioneiro que :

"Bótanche o gas, adormécente e fan o que queren"

Roubos que xeran gastos, moitos trastornos e incluso danos medioambientais.

 "Case nos denuncian por unha vertedura de gasóleo na rúa logo de que rebentaran o depósito do camión", explica José Fernández, presidente de Tradime

  Os camioneiros quéixanse da pouca seguridade nas zonas onde aparcan. E esixen máis zonas vixiadas. En Galicia só hai unha destas áreas.

 "Queremos áreas vixiadas e seguras, que os condutores non teñan que preocuparse por se os rouban ou os atacan a eles", engade José Fernández.

As asociacións de transportistas falan dun roubo semanal, pero poden ser máis, xa que a maoiría son en ruta e non se denuncian.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade