Aumentan as ocupacións ilegais de vivendas no barrio lugués do Sagrado Corazón
Os veciños barallan convocar mobilizacións para frear este fenómeno
Ata tres vivendas do Sagrado Corazón, en Lugo, foron ocupadas de xeito ilegal nos últimos días. Dúas delas corresponden a un edificio que se rehabilitara había pouco e que foi usurpado por completo. Ante esta escalada de ocupacións, algúns veciños mesmo tapiaron os seus inmobles.
Os residentes e os colectivos veciñais do barrio confirman que está a funcionar o efecto chamada, que fai que novos inquilinos ocupen ilegalmente as casas baleiras. Para lle pór freo a este fenómeno, barallan convocar mobilizacións coma as que realizaran os veciños das Gándaras.
Para disuadir os 'okupas', as asociacións de veciños propoñen que as administracións os penalicen coa retirada de axudas sociais.