Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta o consumo de cánnabis entre os mozos e a idades máis temperás

Aumenta o consumo de cánnabis entre os mozos e a idades máis temperás

O 12,2 % da poboación galega recoñece que tomou esta droga no último ano

O cánnabis provoca máis do 95 % das admisións de menores a tratamento por abuso ou dependencia

G24.gal 13/12/2023 18:04 Última actualización 13/12/2023 20:14

O cánnabis é a substancia ilegal máis consumida, e o 12,2 % da poboación galega recoñece que tomou esta droga no último ano. O seu consumo maioritario está entre os mozos, e os expertos alertan de que a idade de inicio é cada vez máis temperá.

O cánnabis continúa á cabeza como a droga máis consumida polos mozos e a que ten unha idade de inicio máis baixa. Segundo os últimos datos do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións en Galicia, case un 24 % dos adolescentes entre 14 e 18 anos comezaron a consumir cánnabis o pasado ano.

Os expertos subliñan que o cánnabis se converte na porta de acceso a outras drogas e alertan das consecuencias derivadas do seu consumo. Destacan que a marihuana que se fuma hoxe en día é máis adictiva e máis tóxica.

Os datos do Observatorio Español sinalan ademais que o cánnabis provoca máis do 95 % das admisións de menores a tratamento por abuso ou dependencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade