Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan os estragos pola presenza de xabarís en Abadín

Aumentan os estragos pola presenza de xabarís en Abadín

Os veciños quéixanse do dano que provocan no pasto

G24.gal 08/04/2026 21:48

Os veciños do concello de Abadín están fartos dos estragos que o xabaril provoca no pasto. Quéixanse de que non teñen con que alimentar o gando. Unha situación que cada vez vai a máis.

"Aquí mátanos todos os animais, quedamos sen forraxe para alimentalos".

Quéixanse tamén da falta de información sobre os problemas que poden traer estes animais.

"O xabaril pode traer enfermidades para o noso gando, tuberculose ou outras que poidan acarrear".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade