Aumenta a instalación de cámaras nos taxis para disuadir os clientes problemáticos
Levar cámara dentro dun taxi implica autorización da Axencia de Protección de datos
Os taxis que levan cámara deben advertilo cunha mensaxe visible desde o exterior do coche
As cámaras instaladas nun taxi de Eivisa que estaba aparcado grava, sen que el se decate, o momento en que un ladrón escacha un cristal para roubar no interior do coche. As imaxes do suceso quedaron rexistradas e, grazas a iso, a policía localizou o ladrón, que foi detido.
Por incidentes coma este, dada vez máis taxistas deciden instalar cámaras no coche. Os que as teñen postas, din sentirse algo máis seguros, funcionan como medida disuasoria ante posibles clientes problemáticos.
Instalar unha cámara nun taxi, se é para gravar dentro do coche, precisa da autorización da Axencia de Protección de Datos e o vehículo debe levar un adhesivo que avise o cliente de que hai un sistema de gravación. As imaxes non se poden difundir, pero si poden ser útiles para investigacións policiais. Se a cámara só toma imaxes de fóra, non precisa permiso.
Instalar unha cámara nun taxi pode custar entre 300 e 500 euros. En Galicia hai unhas 3.500 licenzas de taxi. Cada vez hai máis cámaras de seguridade nestes vehículos.