Publicador de contidos

Publicador de contidos

En-Colectivo cre que Audasa mete presión ao Goberno coa súa ameaza de reclamación

En-Colectivo cre que Audasa mete presión ao Goberno coa súa ameaza de reclamación

A concesionaria da AP-9 advirte de que reclamará mil millóns se finalmente se anula a última prórroga

Audasa abre un novo preito polo que deixou de ingresar durante os confinamentos da pandemia

G24.gal 04/11/2021 14:44

Audasa, a concesionaria da AP-9, advirte que reclamará mil millóns de euros ao Estado se finalmente se anula a última prórroga concedida a esta autoestrada.

Reclamará máis de mil millóns de euros como compensación se non se lle permite explotar a autoestrada ata o 2048. A cifra sería suficiente para cubrir a débeda que Audasa ten actualmente, que ascende a 1.065 millóns de euros, e que foi en aumento nos últimos anos.

"Audasa o que fixo foi repartir beneficios en lugar de amortizar a débeda, e iso non é correcto", di o avogado de En-Colectivo, Carlos Cenalmor.

A Comisión Europea abriu expediente a España polas prórrogas concedidas sen concurso público. A advertencia de Bruxelas chegaba tras a demanda presentada pola asociación viguesa En-Colectivo, que considera que o último movemento de Audasa  é unha medida de presión.

"O que fai é mover ficha para meter presión ao estado", di o avogado.

En-Colectivo continúa coa recollida de sinaturas na súa web para esixir ao Goberno central que acate ditame europeo que poña fin á concesión e a libere de peaxes. 

O Goberno central prepara a resposta á carta de emprazamento da Comisión Europea. Ten ata o día 23 para xustificar a ampliación das concesións na autoestrada. Ademais Audasa inicia un novo preito polo diñeiro que a concesionaria deixou de gañar durante os confinamentos pola pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade