Publicador de contidos

Publicador de contidos

A A-76, sen orzamento e sen obras empezadas

A A-76, sen orzamento e sen obras empezadas

A A-76 entre Valdeorras e Ourense está bloqueada, non hai obras en ningún dos seus treitos

E na A-54 entre Lugo e Santiago faltan 28 quilómetros e as últimas previsión apuntan que non rematarán as obras ata o 2024

G24.gal 30/05/2022 14:54

Uns 40 minutos, este é o tempo que se gañaría no traxecto entre Valdeorras e Ourense por autovía. Acúrtase o tempo e gañaríase en seguridade, xa que din os condutores que a nacional está desfeita.

Pero a A-76 segue bloqueada. As obras seguen sen arrancar en ningún dos 12 treitos en que se divide a autovía, ''eu non seu se a verei feita haber os meus fillos''.

Un dos sectores máis afectados pola falta desta rede viaria é o da lousa, que exporta o 90 por cento da súa produción. 

Araceli Fernández, presidenta da Asociación de Empresarios Valdeorras. "A fixación da poboación faise a través das empresas se non hai vías de transporte que faciliten e garantan que esa localización é rendible", di Araceli Fernández, presidenta da Asociación de Empresarios Valdeorras.

Outra vía estratéxica para a conexión da Galicia interior é a de Lugo-Santiago, aí faltan 28 quilómetros para que a estrada estea rematada, pero as obras, din os veciños, "van lentas".

Complicacións medioambientais e arqueolóxicas están a atrasar as obras "agora están no río e logo teñen que mover a plataforma e iso levaralles outros dous meses", asegura outro veciño. É máis dunha década de atrasos, as últimas previsións datan o seu remate no 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade