Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atracan cunha pistola unha sucursal bancaria na Laracha

Atracan cunha pistola unha sucursal bancaria na Laracha

Foi a plena luz do día en Paiosaco, no concello da Laracha

O home fuxiu coa súa cómplice nun coche vermello e levaron un botín duns 3.000 euros

G24.gal 16/11/2021 14:36

Pistola en man e a plena luz do día, así foi o atraco da sucursal de Abanca en Paiosaco, no concello coruñés da Laracha. A Garda Civil busca o asaltante, que fuxiu coa súa cómplice nun vehículo de cor vermella.

Todo transcorría con normalidade no comezo de semana na oficina do banco, ata que, contra a unha e media do mediodía, de súpeto entra un home na sucursal esixindo todo o diñeiro a punta de pistola. 

Comentan os veciños da zona que no momento do roubo había dous traballadores dentro, e explica Lolo Angeriz, comerciante e veciños da localidade, que o atracador estaba moi nervioso.  

Precisamente Lolo foi testemuña da fuxida a pé do atracador. Amais viu como a súa cómplice cruzou a Praza do Campo da Feira co coche, na que non poden circular vehículos, para collelo a pouco máis de 100 metros do banco.

En cuestión de minutos levaron uns 3.000 euros e fuxiron co botín sen deixar polo de agora ningunha pista máis. Foron moitos os veciños, incluso comerciantes ao carón do banco, que nin se decataran do sucedido ata que chegou a Garda Civil.

Segundo as testemuñas, o atracador vestía camisa a raias, vaqueiros, gorra e levaba a máscara posta. O coche co que fuxiron era de cor vermella. A Garda Civil segue a investigar os feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade