Atopan un óso humano onde despareceron dous mozos en caiac en Porto do Son
Un palangreiro ao recoller o aparello atopou unha costela nun anzol
O Instituto de Medicinal Legal de Galicia analiza o óso para identificar a orixe
Ano e medio despois da desaparición en augas da ría de Muros-Noia de dous mozos que practicaban deporte, o achado dun óso por parte dun palangreiro podería dar algo de luz sobre o suceso. Un pesqueiro pasou pola zona da desaparición e quedou enganchado nun anzol un óso. Ao chegar a terra entregaron o achado a Garda Civil.
A Garda Civil enviou o resto óseo ao Instituto de Medicina legal de Galicia. Pode ser compatible cun resto humano. Así e todo terá que ser unha análise de ADN o que confirme que tipo de óso é e se se trata dalgún dos dous mozos desaparecidos en xullo de ano pasado. Xa omezou todo un proceso para comprobar de que restos se tratan e despois se puideran pertencer a Xabier Hurtado ou Miguel Quan. Os mergulladores da Benemérita chegaron ata o lugar onde os mariñeiros atoparon o que pode ser o resto dunha costela. Un deles marcou unha zona aproximada lonxe da costa. Alí no había nada. De tódolos se se confirma que é un resto humano votarán a zona para facer máis pescudas.
José Miñones, Delegado do Goberno en Galicia, asegura que o único que se sabe é que apareceu un óso de orixe humana. No momento que teñan a información do ADN terán que ver si se pode comparar coas mostras dalgún dos desaparecidos.
O seis de xullo de 2020, segundo contou unha terceira ocupante, que puido chegar as pedras e salvarse, os mozos caeron a auga cando tentaban recoller un dos remos. O caiac envorcou e ningún deles puido darlle a vola. A rapaza, que foi rescatada en estado de shock, sufría hipotermia porque a temperatura da auga non excedía os 15 graos.O dispositivo de rastrexo foi amplo e nel participaron embarcacións e helicópteros de salvamento e moitos mariñeiros da bisbarra. O único se que se atopou foi o caiac e un dos chalecos salvavidas