Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos chega a Galicia na súa segunda visita para participar nas regatas en Sanxenxo

O rei Xoán Carlos chega a Galicia na súa segunda visita para participar nas regatas en Sanxenxo

Está previsto que participe a bordo do Bribón nas regatas que se celebran na localidade entre os días 16 e 18 de maio

O rei Xoán Carlos a súa chegada a Vigo /Lavandeira Jr/EFE O rei Xoán Carlos a súa chegada a Vigo /Lavandeira Jr/EFE
G24.gal 12/05/2025 17:34

O rei emérito Xoán Carlos I aterrou ao redor das 17:00 horas no aeroporto de Peinador, en Vigo, para iniciar a súa segunda estancia deste ano no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

Alí está previsto que participe a bordo do Bribón nas regatas que se celebran na localidade entre os días 16 e 18 deste mes.

Esta nova visita a Galicia coincide co acto de conciliación co expresidente de Cantabria Miguel Ángel Revilla tras a demanda do pai de Filipe VI por unhas declaracións "inxuriosas" que realizaría en diversos medios de comunicación desde maio do 2022 a xaneiro de 2025.

En todo caso, non están obrigados a acudir a este acto, datado para o venres 16 de maio na sala de vistas número 10 da sede xudicial das Salesas, en Santander, xa que pode resolverse a través das defensas de ambos.

Este será a segunda viaxe que o rei emérito fai a Galicia no que vai de ano. O primeiro foi hai dúas semanas, e Xoán Carlos I saíu varios días para navegar e recibiu a visita da súa filla a infanta Helena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade