Cargando resultados...
Atropelada unha muller en Sanxenxo por un coche que daba marcha atrás
A muller foi trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra e, en principio, o seu estado non reviste gravidade
.png)
G24.gal
02/08/2025 12:01
Última actualización 02/08/2025 13:50
Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital despois de ser atropelada en Sanxenxo. Segundo fontes municipais o atropelo produciuse cando un coche daba marcha atrás na rúa Madrid, diante do Concello.
A vítima recibiu un golpe na cabeza e foi trasladada ao hospital Montecelo, aínda que o seu estado non parece grave, precisan as mesmas fontes.