Investigan o roubo de 460 metros de cobre da luz pública nun polígono empresarial de Sanxenxo
Este roubo deixou sen subministración eléctrica pública a unha vintena de farois
O valor do material subtraído en dous puntos diferentes do polígono ascende a 12.000 euros

A Policía Local de Sanxenxo investiga o roubo de 460 metros de cable de cobre de iluminación pública en dous puntos do polígono empresarial de Nantes.
Segundo informa o Concello, tívose coñecemento do ocorrido a última hora da tarde do martes, cando saltou o automático e detectouse que alguén alterara un dos cadros eléctricos.
Este roubo deixou sen subministración eléctrica pública a unha vintena de farois.
O valor do material subtraído en dous puntos diferentes do polígono ascende a 12.000 euros.
Por mor deste suceso, a Policía Local intensificará a vixilancia no parque empresarial e pide a colaboración veciñal para tratar de esclarecer os feitos.