Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abel Caballero critica a negativa da Federación a revelar as puntuacións das sedes

Abel Caballero critica a negativa da Federación a revelar as puntuacións das sedes

O alcalde avaliou de maneira positiva o interese da Federación Española por incluír a Vigo como sede mundialista

Foto RFEF
G24.gal 12/05/2025 17:34 Última actualización 12/05/2025 18:12

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este luns a negativa da Federación Española de Fútbol (RFEF) de revelar as puntuacións das diferentes cidades candidatas a ser sedes do Mundial 2030 tras acudir á reunión de traballo con representantes da RFEF na sede federativa.

“Aí temos unha serie de discrepancias porque as cualificacións numéricas non son confidenciais. Pode ser confidencial alguén que di que vai facer algo cunha determinada entidade ou un fondo de investimento, iso podo entendelo. Pero as cualificacións numéricas son confidenciais. A FIFA publícaas e, polo tanto, non son confidenciais”, lembrou Caballero.

Neste sentido, o rexedor socialista apuntou que os representantes da RFEF ofrecéronlle coñecer a puntuación de Vigo, algo que Caballero rexeitou porque “tamén queremos as notas das demais cidades”.

 

O alcalde avaliou de maneira positiva o interese da Federación Española por incluír a Vigo como sede mundialista, ademais de negar problemas económicos para abordar as obras no estadio municipal de Balaídos.

“Vigo é a única cidade que non ten débeda, e así o fixemos constar. Temos un remanente por encima de 150 millóns de euros. Os datos de Vigo dounos todos aquí, non hai confidencialidade. Mañá podemos facer un investimento de 62 millóns de euros con recursos propios, non sei se outra cidade o pode facer”, destacou.

O alcalde avanzou aos xornalistas que presentaron por rexistro un requirimento “da puntuación das diferentes cidades candidatas a ser sede” porque o 25 de xuño de 2024 era “cidade sede” e logo foi excluída pola Federación Española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade