Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan o corpo do mozo afogado no río Miño en Ourense

Rescatan o corpo do mozo afogado no río Miño en Ourense

G24.gal 06/07/2022 17:46 Última actualización 06/07/2022 21:02

Os efectivos de emerxencias atoparon este mércores o corpo dun mozo que afogou onte pola tarde no río Miño, nas proximidades da central hidroeléctrica de Velle, na cidade Ourense.

O tráxico suceso tivo lugar este martes contra as sete da tarde, cando varios mozos estaban a bañarse no río, aproveitando as altas temperaturas, nas proximidades da presa, preto dunha plataforma que hai sobre o río.

Nese momento, o mozo, Alassane Neiaye, de 24 anos, e de orixe senegalesa, por causas que se descoñecen sufriu unha indisposición e afundiuse sen que os seus amigos puidesen facer nada.

De feito, testemuñas presenciais explicaron que un dos seus compañeiros ao ver que se atopaba mal, tentou agarralo, pero non puido rescatalo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar