Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan no mar o corpo sen vida do pescador desaparecido na Coruña

Atopan no mar o corpo sen vida do pescador desaparecido na Coruña

Salvamento Marítimo localizou o cadáver na zona das Escravas

G24.gal 16/12/2025 17:46 Última actualización 16/12/2025 18:03

Salvamento Marítimo atopou este martes no mar o corpo sen vida dun pescador de 66 anos que estaba desaparecido na Coruña.

O operativo de busca comezou pola mañá, despois de que o home non regresase á casa tras estar na noite anterior na zona de Visma.

O helicóptero Helimer 401 participou no rastrexo da zona. O operativo tamén incluíu labores de procura por terra e por mar.

O cadáver apareceu pola tarde, arredor das 17:00 horas, na zona das Escravas.

A embarcación LS Hércules realizou a localización tras un aviso de tres persoas.

A muller que chamou ao 061 explicou que estaba paseando pola zona, onde adoita facer fotografías, cando viu un corpo con roupa escura a flote entre as ondas e deu o aviso de inmediato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade