Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un traballador forestal morre ao caerlle enriba un eucalipto en Pantón

Un traballador forestal morre ao caerlle enriba un eucalipto en Pantón

As forzas de seguridade investigan as circunstancias do suceso

G24.gal 18/03/2023 13:01 Última actualización 18/03/2023 20:37

O accidente laboral ocorreu nunha plantación de eucaliptos próxima ao lugar de Lornís, en Pantón, pasadas as dez da mañá.

Segundo declaracións da veciñanza, a vítima estaba nunha pista afiando a cadea da motoserra cando lle bateu unha das árbores que cortaba o seu compañeiro.

"Era unha persoa que estaba traballando e tampouco temos moitos máis datos. Parece que era unha corta, que alguén vendeu a madeira e viñéronlla cortar. Foi mala sorte e lamento que unha persoa tan nova falecera". 

O traballador de 49 anos e nacionalidade romanesa faleceu no acto a causa dun golpe na cabeza. Os servizos médicos só puideron certificar a morte. Tanto a vítima coma o compañeiro traballaban como operarios forestais na comarca e residían na Pobra do Brollón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade